Novo video de Gadis animando a "vivir como galegos"
A compañía galega Gadis volveu sacar un novo spot publicitario "Historia do avo. Cambia o diccionario", nesta ocasión na páxina web vivamoscomogalegos.com, no que fai unha nova versión do anuncio máis famoso da publicidade en Galicia botando man dos emigrantes para pedir que se cambie, tal e como xa temos informado aquí, a acepción de "gallego" do diccionario da RAE. Ao famoso spot de Gadis téñenlle saído moitos imitadores, entre eles, outro elaborado polo PPdeG sobre o seu líder, Alberto Núñez Feijóo.