A eurodeputada Ana Miranda traslada á CE a reforma da lei de medios por considerar que "incumpre" o regulamento

Segundo Miranda, esta lexislación "pretende ter control absoluto da televisión e da radio pública de Galicia" ao eliminar os órganos de participación dos profesionais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2024 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, enviou unha pregunta á Comisión Europea sobre a reforma da lei de medios que quere levar a cabo a Xunta xa que, ao seu xuízo, supón un "incumprimento" do regulamento europeo sobre a liberdade dos medios de comunicación.

Segundo ela, esta lexislación "pretende ter control absoluto da televisión e da radio pública de Galicia" ao eliminar os órganos de participación dos profesionais e abrir a porta ao emprego de linguas distintas ao galego nos medios públicos galegos.

Na súa pregunta, segundo recollen os nacionalistas nun comunicado, Miranda reclama á Comisión que verifique se se cumpre o regulamento europeo recentemente aprobado. Para o Bloque, son "múltiples" as inxerencias do PP nos medios públicos galegos, así como a "falta de pluralidade".

Doutra banda, a eurodeputada sinala que no documento tamén se fai referencia á vulneración da Carta Europea de Linguas Minoritarias, ao contemplar a posibilidade de introducir outras linguas distintas ao galego cando precisamente a normativa galega contempla que sexa o galego a lingua de uso nos medios públicos.

Ana Miranda (BNG). PHILIPPE BUISSIN
Ana Miranda (BNG). PHILIPPE BUISSIN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Lástima que non acorde defender a liberdade e privacidade dos usuarios no acceso aos medios de comunicación que leva bloqueada dende xaneiro de 2024, e polo que se vé ningún xornalista ten denunciado ate o momento... https://www.galiciaconfidencial.com... Será que os Dereitos son excluvos para os Profesionais dos Medios ? Será que Ana Miranda ten demasiada présa porque sabe que en breve rematará o seu Mandato ? Será que cada vez os simples mortais pintamos menos na reivindicación política de turno ? Será, será, será...