Colocan unha corda para facer equilibrismo en Punta Frouxeira, Valdoviño

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 07/08/2024 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

Uns cidadáns vascos retiraron unha corda que colocaron para facer equilibrismo en Punta Frouxeira, nunha zona de cantís no municipio de Valdoviño.

Corda Valdoviño
Corda Valdoviño | Fonte: EP

Segundo asegurou o alcalde de Valdoviño, Alberto González, foi un particular o que alertou da situación e ata o punto desprazouse a Policía Local para comprobar se contaban con autorización.

Desta forma, constataron que non tiñan permiso nin de Costas de Galicia nin da Xunta, xa que esta actividade estábana realizado nunha zona protexida dentro do espazo Rede Natura 2000.

Os funambulistas foron identificados polos axentes e na xornada deste mércores retiraron as cordas e as ancoraxes que fixaron en ambos os extremos dunha rocas.

Ademais, recolleron unha pequena tenda que campaña que colocaron na zona de protección.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta