Cifran nun 95% o seguimento da primeira xornada de folga convocada na ITV galegas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O comité de folga da ITV galegas cifrou nun 95% o seguimento da primeira do catro xornadas de paro que ten previsto levar a cabo todos os sábados do mes de agosto, tras sumar case un ano de negociacións para aprobar un novo convenio colectivo.

Ademais, sinalou que o 5% restante trátase de persoal eventual e persoal de dirección das estacións que están fóra do convenio. Nas estacións de Lugo e Monforte secundaron a folga o 100% do persoal, mentres que na estación de Xinzo de Limia non a seguiu ninguén (sete empregados).

Ante estes datos, o comité de folga e CC.OO Industria celebra este "éxito sen precedentes" na ITV e solicita á dirección da empresa unha reunión de inmediato para que "senten a negociar en serio" e tratar de "alcanzar un acordo satisfactorio antes do próximo sábado".

Persoal ITV galegas folga.. CC.OO.
Persoal ITV galegas folga.. CC.OO. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta