Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/08/2024 | Actualizada ás 13:35
A Xunta reforzará as frecuencias de autobús mañá e o sábado 17 de agosto con motivo das festas da Laracha e o xoves 15 e o sábado 17 debido ás da parroquia de Bértoa en Carballo co obxectivo de facilitar os desprazamentos das persoas asistentes.
Segundo informa, os reforzos produciranse nos servizos de última hora nas saídas desde A Coruña e Carballo e activaranse servizos adicionais á primeira hora con destino a Carballo e A Coruña.
Deste xeito, das saídas de última hora desde A Coruña reforzarase o servizo das 22:00 horas desde a parada de Entrejardines mañá e o venres 16 e o das 22:30 horas desde a estación de autobuses o venres 15 e o sábado 17, ambos con destino á Laracha e Bértoa. No caso das saídas de última hora desde Carballo, reforzarase a saída das 21:15 horas cara a Laracha e Bértoa.
Por outra banda, no que se refire a os servizos adicionais á primeira hora do día seguinte, ofreceranse extra á primeira hora da mañá cara a Carballo e A Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.