Aberto o prazo das axudas ao desprazamento de alumnos en Formación Práctica

A subvención diríxese a alumnos de último curso e varía en función da distancia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/08/2024 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia comunicou este martes, a través dunha nota de prensa, que abriu o prazo para solicitar as axudas económicas ao desprazamento dirixidas ao alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT).

O obxectivo da subvención, que conta cun orzamento de 90.000 euros, é "compensar de forma parcial" ao alumnado os gastos extraordinarios derivados da realización das actividades formativas.

Unha iniciativa que, tal e como se recolle no comunicado, enmárcase dentro da Estratexia FP Galicia 2030, un conxunto de medidas destinadas á "mellora das competencias a través dunha formación práctica que favorece a mobilidade nacional e transnacional das persoas que desexan formarse ou contribuír a actividades de formación noutros países".

BENEFICIARIOS E PRAZOS

As bases da convocatoria recollen que, para beneficiarse da axuda, é indispensable ser "alumno de último curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, de grao medio ou de grao superior de Formación Profesional inicial ou Dual". Con independencia do caso, "o alumno debe terminar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP Dual antes do 31 de decembro".

A contía da axuda varía en función do lugar no que o alumnado realice a súa actividade. Os alumnos que realicen a súa formación dentro do territorio español (modalidade A) poderán recibir ata un máximo de 375 euros, en función da comunidade autónoma e o número de xornadas. Por outra banda, quen fagan a súa formación fose do territorio español (modalidade B) poderán recibir un máximo de 1.500 euros, que variarán dependendo do país e a duración da estancia.

Educación en liña
Educación en liña | Fonte: Linkia FP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta