Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 09/12/2015 | Actualizada ás 10:52
Varios representantes da Asociación de Medios en Galego (AMEGA) participaron no Culturgal, en Pontevedra, nun debate sobre a realidade dos medios de comunicación que usan e defenden a lingua propia de Galicia. No encontro participaron: Ubaldo Cerqueiro, director de Que Pasa Na Costa; Henrique Sanfiz, pesidente da AMEGA e director de Radio Fusión (grupo de emisoras municipais galegas); Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial, e Álvaro Peralta, redactor de Valminor.info.
O debate foi emitido en streaming e realizado e gravado polos compañeiros de K12 Comunicación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.