Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/08/2024 | Actualizada ás 17:44
A piscina de Coirós rexistrou por terceira vez, en 20 días, un roubo, segundo informa o consistorio, que alude a "desfeitas" en portas, fechaduras e a máquina expendedora. Segundo explica, dúas persoas accederon ás instalacións ás 22:45 horas, tal e como se pode comprobar nas gravacións das cámaras de seguridade que vixían o recinto.
Tras forzar a fechadura da porta de entrada, os dous individuos romperon a fechadura da porta da cafetaría. Nesta dependencia é onde están as máquinas expendedoras, unha para refrescos e outra de café.
Nesta ocasión os danos sufriunos a expendedora de café, que estaba fóra de servizo e sen diñeiro no seu interior. A de refrescos non se reparou tras os anteriores roubos e permanece co cristal roto e sen alimentos nin bebidas. Ante o terceiro episodio delituoso sufrido na piscina municipal da Cortella, o alcalde Francisco Quintela, reclama información sobre o estado das investigacións e urxe actuacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.