Medio cento de tractores bloquean as grandes superficies comerciais francesas na Coruña

Denuncian que non se está cumprindo o acordo su suba de prezos asinado con comercializadores, distribuidores e administración. Lugo agarda aínda que os tractores rodeen a muralla.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/12/2015 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

Uns 50 tractores bloquean desde a mañá deste mércores as grandes superficies comerciais francesas, principalmente, Alcampo e Carrefour na Coruña en protesta polos baixos prezos do leite destas multinacionais.

Os gandeiros foron convocados polos produtores do sector lácteo e a súa chegada á Coruña provocou retencións nos accesos de entrada na Avenida de Alfonso Molina. Os tractores proceden das comarcas de Ordes e Arzúa, e a eles sumaranse os de Ferrolterra.

Con esta medida os gandeiros pretenden presionar ás empresas de distribución para que se comprometan "por escrito" a trasladar aos gandeiros os céntimos de máis que agora pagan os consumidores polo litro de leite.

O seu obxectivo con esta medida non é prexudicar aos consumidores, senón que saiban que as grandes distribuidoras e comercializadoras non están cumprindo o acordado no pacto asinado hai unhas semanas para aumentar o prezo do leite coa mediación da Xunta e do Ministerio de Agricultura.

Unha situaicón da que responsabilizan, principalmente, ás multinacionais francesas, concretamente, Carrefou e Alcampo. "España produce o leite máis barato, pero está a importarse de Francia e Portugal", denuncian os gandeiros. Por iso pídenlle aos consumidores que mercen leite coa marca "100% galego".

Por outra banda, Lugo agarda a chegada de centos de tractores tras anunciar os gandeiros desta provincia unha nova mobilización coa que pretende rodear a muralla e tamén paralizar grandes superficies comerciais que non están a cumprir co pacto leiteiro.

Tractores bloqueando a factoría de Leite Río en Lugo na anterior tractorada
Tractores bloqueando a factoría de Leite Río en Lugo na anterior tractorada | Fonte: Campogalego.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Españolistas dades noxo

Para cando 100% galegA como ten que ser gramaticalmente? Política "gallega" feita desde Madríc desde tempo inmemorial.