Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/08/2024 | Actualizada ás 10:47
Catro persoas resultaron feridas tras envorcar o vehículo no que viaxaban pola AP-53, en San Mamede de Ribadulla, no municipio coruñés de Vedra. Segundo informou o 112, foi sobre as 14:00 horas deste domingo cando recibiron o aviso mediante o sistema de e-call do vehículo e varios particulares deron a voz de alarma.
A central de emerxencias alertou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ordes, ao GES da Estrada, á Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil, os Bombeiros de Santiago e ao persoal de mantemento da vía.
O persoal sanitario mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago polo que o tráfico estivo cortado nese punto mentres prestaban atención aos feridos. Os feridos foron evacuados ao Hospital Clínico de Santiago. Un deles en helicóptero e unha muller e os seus dous fillos en ambulancia medicalizada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.