Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2024 | Actualizada ás 17:59
O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana aceptou as ampliacións do prazo para a finalización das obras de 20 proxectos do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP).
A ministra Isabel Rodríguez anunciou o pasado xuño no Senado que o Ministerio permitiría aos concellos que solicitasen unha ampliación do prazo de xustificación para a execución das subvencións dunha das liñas.
Galicia, informa a Delegación do Goberno, recibiu a través deste programa máis de 50 millóns de euros para rehabilitar máis de 76.000 metros cadrados de edificios públicos nun total de 49 proxectos.
O PIREP conta cun investimento total de algo máis de mil millóns para a recuperación de patrimonio, o 55% está destinado ás entidades locais e o 44,5% é para as comunidades autónomas, Ceuta e Melilla.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.