Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2024 | Actualizada ás 18:36
O corpo dun home que levaba falecido un seis meses foi achado no interior da vivenda na que residía, segundo informaron fontes consultadas por Europa Press. Foi o arrendatario do piso no que vivía a vítima o que alertou á Garda Civil tras levar un tempo sen ter noticias del. Os axentes, que recibiron o aviso ao redor das 11.00 horas, desprazáronse ao lugar acompañados polo dono da vivenda.
Alí atopáronse co corpo do home, que foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) onde se lle realizará a autopsia. Os primeiros exames apuntan a que o home pode levar un seis meses morto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.