Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2024 | Actualizada ás 11:28
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados, ás 19.15 horas de onte, dun lume nunha vivenda, no lugar de Abanqueiro, no citado municipio coruñés. A incidencia, informa o Consorcio contra Incendios, foi ocasionada polo lume na cociña dunha vivenda unifamilar. Á chegada dos bombeiros, fóra extinguida polos veciños.
Por iso, o seu labor consistiu en arrefriar e ventilar o espazo. O incendio orixinouse na cociña e non chegou a saír da estancia polo que só ocasionou danos no mobiliario. Tamén se comprobaron as condicións de seguridade no domicilio. No operativo tomou parte a Garda Civil e Protección Civil de Boiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.