Homenaxe a Áurea Rodríguez, a raíña a gaita galega

A Xuntanza Internacional de gaiteiros rende homenaxe á muller gaiteira no Castelo de Monterrei.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/08/2024 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

A Xuntanza Internacional de gaiteiros cumpre este ano a XXXIX edición e faino rendendo homenaxe á muller gaiteira a través da figura de Áurea Rodríguez. Nada en 1897 en Cartelle, na parroquia de Muntián, é considerada a raíña da gaita galega por ser pioneira entre as intérpretes deste instrumento ao ser a primeira muller documentada neste sentido.

O evento, declarado de Interese Turístico e Cultural, celebrarase os días 30 e 31 deste mes de agosto na praza de Hermida de Flariz e no Castelo de Monterrei coa participación de gaiteiras internacionais de zonas como Suecia, Alemaña, Escocia ou Bulgaria.

A programación inclúe o 31 de agosto unha serie de conferencias a cargo de gaiteiras dos diferentes países participantes, que terán lugar no Hospital dos Peregrinos, onde tamén se poderá visitar unha exposición fotográfica sobre a iconografía da gaita.

O día 1 de setembro impartirase un curso de ornamentación na gaita e a percusión, que terá lugar na sede da Escola Provincial de gaitas. Este foro, constituído ao longo dos anos e consagrado como un importante punto a nivel universal, pasaron os máis destacados gaiteiros de numerosos países de todo o mundo e recibe este ano a 150 participantes.

"A filosofía é traer a Ourense desde as gaitas máis primitivas ata aquelas máis cultivadas", explicou Xose Lois Foxo, o director da Escola de gaitas da Deputación, que lembrou que esta reunión "marca o inicio e a historia" da escola de gaitas "cunha edición na que cada ano se achegan máis persoas de referencia do mundo da cornamusa".

A Gaiteira Real
A Gaiteira Real | Fonte: Mon Devane

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta