A Xunta autoriza outro novo parque eólico, o das Penas Negras, entre Ortigueira e Mañón

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2024 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A Administración autonómica outorgou a autorización administrativa para o desenvolvemento do parque eólico Penas Negras, que se sitúa nos municipios coruñeses de Ortigueira e Mañón.

Este venres, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde pola Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático dá o visto e prace ao proxecto de aproveitamento de enerxía eólica. A iniciativa está promovida polo grupo Adianta SA, con sede fiscal en Ourense, e conta cunha potencia de 7 megawatios.

Parque eólico de Naturgy en Galicia
Parque eólico de Naturgy en Galicia | Fonte: E.P. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta