PSOE de Malpica esixe ao alcalde explique se a Garda Civil foi ao Concello para investigar ao concelleiro de Obras

Sobre o trato que tivo Miguel Fernández Mirás, cun traballador.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/08/2024 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O PSOE de Malpica de Bergantiños esixiu ao alcalde, Eduardo Parga, que explique se a Garda Civil estivo no Concello para investigar sobre o trato que tivo o concelleiro de Obras, Miguel Fernández Mirás, cun traballador.

Nun comunicado emitido este venres, o grupo municipal explicou que rexistraron no Concello unha pregunta ao alcalde sobre este tema. Así, o portavoz socialista en Malpica, Walter Pardo, esixiu que o alcalde "salga a dar explicacións públicas" ante os veciños sobre este asunto.

"O publicado na prensa e a noticia que temos da presenza da Garda Civil no Concello indícanos un asunto moi grave e o alcalde non pode permanecer calado ante este asunto", sinalou Pardo.

Casa do Concello de Malpica
Casa do Concello de Malpica | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta