Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2024 | Actualizada ás 14:01
O PPdeG levará ao Senado unha moción para esixir ao Goberno central que tome medidas ante a "problemática que se dá coa etiquetaxe" como 'peixe' dalgúns produtos veganos e evitar así a confusión entre os consumidores e o prexuízo do sector pesqueiro.
Segundo explicou nun comunicado o portavoz de Pesca do Grupo Popular no Senado, Manuel Ruiz, nos últimos anos danse "numerosos exemplos" de comercialización de produtos --como e denominado 'atún vegano' ou outros alimentos comercializados como 'peixe 100% vexetariano'-- que, a pesar de levar a etiqueta de 'peixe', teñen unha composición puramente vexetal.
"Esta etiquetaxe inadecuada das conservas de orixe vexetal induce a erro sobre a verdadeira natureza e composición do produto e, como consecuencia, acaba xerado confusión e descoñecemento entre os consumidores e tamén preocupación no sector pesqueiro polos prexuízos para os seus intereses comerciais e socioeconómico", sinalou.
Por iso é polo que na súa moción os populares insten o Goberno de España a tomar as medidas necesarias para evitar a información confusa na etiquetaxe de produtos de orixe vexetal baixo a denominación de 'peixe', así como a promover unha modificación lexislativa a nivel europeo para reservar esta descrición de venda aos produtos pesqueiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.