Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2024 | Actualizada ás 15:03
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegurou que a ambulancia do 061 que atendeu a unha muller que faleceu nun restaurante da Illa tardou 19 minutos e 28 segundos, desde que recibiron a chamada e asistiu á paciente.
Os feitos producíronse sobre as 21.00 horas deste xoves cando varios particulares alertaron de que unha muller que estaba a cear nun local do municipio pontevedrés atragoouse e necesitaba asistencia sanitaria.
Ata o punto desprazouse a Garda Civil e os profesionais de Urxencias Sanitarias. Segundo diversas testemuñas presenciais, a ambulancia demorouse 40 minutos, pero o Sergas defendeu que o tempo de chegada foi de 19.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.