Os contratos da Xunta inician a actividade parlamentaria e o PP interpreta isto como unha maneira de "enzoufar"

Os 'populares' cren que o Bloque buscan "axudar" ao PSOE "tapando as corruptelas" que importunan a Sánchez

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2024 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

O Parlamento galego recobra esta semana, de forma paulatina, a súa actividade tras o parón estival cos contratos formalizados pola Xunta durante a pandemia no punto de mira da oposición, no que os populares ven un intento por "enzoufar" a vida política.

Este luns regresaron as habituais roldas de prensa dos grupos políticos coas que se abren as semanas no Pazo do Hórreo, ao que a próxima semana retorna a actividade habitual coas primeiras comisións do curso político e a celebración da xunta de portavoces que dará forma ao primeiro pleno do período de sesións, a celebrar na segunda semana de setembro.

Así, polas salas de prensa dos seus partidos pasaron a viceportavoz do grupo maioritario, o tamén número dous do PP galego, Paula Prado; e o deputado do BNG, Luís Bará. Non houbo comparecencia dos socialistas, que remitiron aos medios este luns unhas declaracións sobre enerxía eólica o seu secretario de Transición Enerxética Ángel Mato; nin tampouco do deputado de Democracia Ourensá, Armando Ojea.

Os nacionalistas galegos avanzaron que iniciarán unha "ofensiva" para esixir "transparencia" á Xunta sobre a súa forma de contratar, un movemento no que os populares aprecian un intento da oposición por "tapar as corruptelas" que, segundo Prado, salpican ao Goberno de Pedro Sánchez.

Para a secretaria xeral do PP de Galicia, nacionalistas e socialistas pretenden "pescar onde non hai" pedindo "explicacións" que "eles non dan" e coas que "tentan tapar as redes de corruptelas que están xudicializadas".

"Por moito que tenten enzoufar, non todos somos iguais", engadiu Prado, que incidiu, antes de avanzar a presentación dunha iniciativa parlamentaria sobre a situación en Venezuela, que o PP galego ten "como único obxectivo mellorar a vida dos galegos" e "seguir avanzando na senda do progreso e crecemento da comunidade".

"En Ferraz este verán fixeron obras para darlles un despacho aos independentistas. Parece que agora lle deron un tamén ao BNG", espetou Prado na quenda de preguntas sobre se o PP está disposto a facilitar a documentación dos contratos que demanda o BNG, aos que acusou de exercer como "a voz" de Sánchez en Galicia.

Cre que o Bloque buscan "axudar" ao PSOE "tapando as corruptelas" que importunan a Sánchez, á vez que defendeu que os procesos de contratación da Xunta saen de mesas nas que participan "funcionarios públicos formados", polo que ve as acusacións de falta de transparencia como unha "atentado contra a honorabilidade" destes profesionais.

Así as cousas, Prado aseverou que "calquera cidadán pode acceder ao portal de transparencia" para coñecer os contratos formalizados pola Xunta con Eulen, que ten como directiva para o noroeste á irmá de Núñez Feijóo e que o BNG asegura que o Goberno galego mantén sen acceso público.

A contratación do Goberno galego durante a etapa de Feijóo e tamén durante o mandato do seu sucesor, Alfonso Rueda, coa compañía Eulen está no punto de mira do PSOE, que agora busca estender as súas dúbidas á Comunidade de Madrid e Andalucía, dúas administracións autonómicas que, segundo os socialistas, incrementaron de forma "obscena" a facturación coa empresa.

Hemiciclo do Parlamento de Galicia / Arquivo / Europa Press
Hemiciclo do Parlamento de Galicia / Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta