O BNG reclama que a Xunta poña medios para combater a enfermidade hemorráxica epizoótica en gando

A deputada nacionalista no Parlamento galego Montse Valcárcel denunciou o "abandono total" do sector gandeiro "ao que a enfermidade lle supón uns custos medios de 400 euros por animal"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2024 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

O BNG esixiu á Consellería do Medio Rural que poña "os medios necesarios para deter" a enfermidade hemorrágica epizoótica "que afecta á montaña lucense".

Nunha visita a unha explotación da montaña lucense, a deputada nacionalista no Parlamento galego Montse Valcárcel denunciou o "abandono total" do sector gandeiro "ao que a enfermidade lle supón uns custos medios de 400 euros por animal".

Así o manifestou nunha visita xunto ao deputado Nino Fernández e os concelleiros de Becerreá Martín Gómez e Ovidio Montaña nunha das explotacións afectadas.

Montse Valcárcel esixiu á Xunta "medidas urxentes" e que "asuma as súas funcións" nunha situación de "extremo abandono" dos gandeiros ante a enfermidade.

Valcárcel sostén que o BNG "xa advertiu de que podía pasar cn a chegada do verán" e agora demándalle á Consellería do Medio Rural que "tome medidas e que pare de buscar escusas, que actúe xa".

Por outra banda, afirma que a incidencia está a ser "moi importante este verán", pero engade que "as escasas medidas preventivas e paliativas desde o goberno do PP non chegaron a tempo para ser efectivas e os gandeiros comezaron a sufrila sen estar preparados".

Representantes do BNG visitan unha explotación gandeira polos casos de enfermidade hemorrágica epizoótica. BNG
Representantes do BNG visitan unha explotación gandeira polos casos de enfermidade hemorrágica epizoótica. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta