Galicia, pioneira no uso dun sistema de procura de desaparecidos que combina drones e intelixencia artificial

O sistema permite lanzar un aviso directo aos equipos de emerxencias,

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2024 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Galicia foi pioneira no uso dun sistema de procura de persoas desaparecidas que combina o emprego de vehículos non tripulados coa intelixencia artificial. Este sistema, denominado DroneFinder, foi testado nun total de once misións de localización e búsquda en zonas periurbanas, rurais e costeiras nas que se contou coa colaboración da Axencia Galega de Emerxencias e os corpos de seguridade do Estado.

Desenvolvido por Indra, Aeromedia e o Instituto Tecnolóxico de Galicia; a tecnoloxía espertou o interese doutras administracións pola súa capacidade de integración nos servizos de emerxencias, sanidade ou forzas de seguridade, segundo explicou a Xunta

Proporciona recursos para buscar e localizar a persoas por diferentes medios, desde a comunicación do dron cun localizador nun reloxo a detectores de teléfonos móbiles a análise do vídeo das cámaras dos drones. Ademais, o sistema permite lanzar un aviso directo aos equipos de emerxencias, o que reduce os tempos de resposta e permite optimizar os recursos empregados nos operativos de busca.

Un dron
Un dron | Fonte: AESA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta