Montan un dispositivo de busca dun preso por bater na ex parella e ameazar ao seu ex cuñado

Tamén se lle considera autor de agresión ao actual mozo da muller e ao fillo deste.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2024 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense detivo, na tarde do martes, a un veciño de Avión, de 54 anos, como presunto autor dos delitos de violencia de xénero, dous delitos de lesións, un delito de furto, danos e ameazas.

Segundo informa, o detido é interno de terceiro grao do Centro Penal de Pereiro de Aguiar e estaba de permiso de fin de semana. Ao personarse no seu domicilio, explica, agrediu á súa exparella, ao mozo dela e a un fillo del. Así mesmo, "apoderouse de 450 euros, asperxeu o vehículo do seu excuñado de gasolina e ameazouno de morte".

Posteriormente encerrouse no domicilio e "deuse á fuga polo tellado" cando observou a presenza da Garda Civil, desprazada ao lugar. Os axentes montaron un dispositivo de procura e protección da vítima durante a tarde deste martes e grazas á colaboración cidadá procedeuse á detención do home nun monte próximo á localidade de Avión.

O detido pasará este xoves a disposición xudicial no Xulgado de Ribadavia, apunta a Benemérita en relación ás actuacións que se seguirán.

Detido un veciño de Avión (Ourense)  por delito de violencia de xénero
Detido un veciño de Avión (Ourense) por delito de violencia de xénero | Fonte: GARDA CIVIL OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta