O xulgado confirma o arquivo da causa contra o condutor do bus accidentado en Cerdedo-Cotobade con 7 falecidos

"Se non se sabe a que velocidade circulaba o condutor no momento do sinistro, pero si se sabe que a velocidade media durante o traxecto desde a última parada foi de 66 km/h, non se entende por que se afirma rotundamente que o condutor non adecuara a velocidade do seu vehículo cando as condicións meteorolóxicas e do firme eran moi adversas, cando xa o fixo antes", argumentou a maxistrada.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/09/2024 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O xulgado de instrución número 1 de Pontevedra rexeitou o recurso presentado por familiares de vítimas do accidente do bus que se saíu da vía e caeuse ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade, en Noiteboa de 2022, e reafirmouse na súa decisión de arquivar a causa penal contra o condutor do autocar, que estivo investigado por 7 homicidios imprudentes. Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que o xulgado desestimou o recurso, aínda que os familiares presentaron un recurso de apelación, que agora terá que resolver a Audiencia Provincial de Pontevedra.

O pasado mes de xuño a xuíza de instrución decretou o sobresemento da causa contra o chofer do bus, ao entender que non hai indicios da comisión dunha imprudencia grave ou menos grave; e iso a pesar do informe pericial da Garda Civil que apuntou a un exceso de velocidade como causa do sinistro, sumado ás malas condicións meteorolóxicas. Así, unha vez analizados os informes e escoitados aos dous únicos superiventes (o condutor e unha viaxeira), a xuíza de instrución decretou o arquivo da causa, lembrando que o propio informe da Garda Civil non puido determinar con exactitude a velocidade á que circulaba o vehículo nese tramo, xa que a deterioración do tacógrafo impediu obter ese dato.

"Se non se sabe a que velocidade circulaba o condutor no momento do sinistro, pero si se sabe que a velocidade media durante o traxecto desde a última parada foi de 66 km/h, non se entende por que se afirma rotundamente que o condutor non adecuara a velocidade do seu vehículo cando as condicións meteorolóxicas e do firme eran moi adversas, cando xa o fixo antes", argumentou a maxistrada.

Efectivos da Garda Civil de traballan nos labores de desbrozamento e preparación do autobús accidentado para sacalo da auga, no río Lérez, a 26  de decembro de 2022, en Cerdedo-Cotobade
Efectivos da Garda Civil de traballan nos labores de desbrozamento e preparación do autobús accidentado para sacalo da auga, no río Lérez, a 26 de decembro de 2022, en Cerdedo-Cotobade | Fonte: Gustavo de la Paz - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta