A estratexia turística da Xunta a 2030 conclúe que Galicia pode "seguir crecendo" como destino

Así o avanzou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2024 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A estatexia turística da Xunta para o próximos seis anos parte da idea de que Galicia pode "seguir crecendo" como destino "de forma desestacionalizada e repartindo os fluxos" de visitantes polo territorio. Así o avanzou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do BNG Daniel Pérez na Comisión 6ª da Cámara galega, celebrada este venres.

Merelles sinalou que antes de que conclúa este mes de setembro será presentada a estratexia turística do Goberno galego para o período 2024-2030, elaborada a partir de "milleiros" de entrevistas con axentes turísticos e doutros sectores.

O plan "profundará" en custiones como "a sustentabilidade" ou a "relación" da actividade turística coa cidadanía para camiñar, como apuntou Merelles, cara a un turismo "máis sustentable" desde o punto de vista "social, ecolóxico e económico".

Antes, o deputado do BNG cuestionou o enfoque da xestión e promoción turística desde a Xunta, que ve ancorada na "rutina" desde "hai 30 anos" a pesar dos "cambios na paradigma" do visitante que "se aceleraron" desde a pandemia.

Ademais, Pérez lamentou que a Administración autonómica "careza de ferramentas propias" para medir e avaliar o comportamento da actividade turística, pois cre que Galicia necesita a creación dun observatorio que guíe a xestión desde o Goberno.

Transeúntes en Santiago de Compostela / César Arxina / Europa Press
Transeúntes en Santiago de Compostela / César Arxina / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta