Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/09/2024 | Actualizada ás 10:36
Unha condutora resultou ferida este luns tras saírse da vía o turismo que conducía, quedando envorcado no patio dunha vivenda, en Ourense.
Segundo informaron fontes da Garda Civil, o sinistro tivo lugar sobre as 8,45 horas, cando o coche se saíu da calzada no Lugar de Outeiro, preto da OU-150. O vehículo envorcou e quedou nun espazo entre dúas construcións.
A condutora e única ocupante do coche, unha muller de 37 anos de idade, E.S.R., foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) nunha ambulancia de soporte vital básico, segundo informou o 061. Fontes da Comandancia confirmaron que deu negativo nas probas de alcol e drogas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.