Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2024 | Actualizada ás 18:46
A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) publicou este martes o sétimo chamamento á matrícula, despois do sexto realizado a semana pasada. De tal forma, o tres universidades públicas galegas arrincaron o curso esta semana con 37 carreiras --unha de cada cinco, aproximadamente-- nos que aínda hai prazas libres.
E é que, de acordo coa listaxe, tan só se completaron nesta sétima convocatoria o Grao en Administración e Dirección de Empresas en Lugo --Universidade de Santiago de Compostela-- e o de Máquinas Navais na Universidade da Coruña.
Por universidades, na de Vigo aínda aceptan alumnos o Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Enxeñaría Agraria e Turismo, no Campus de Ourense.
Na propia cidade olívica, aínda hai prazas en Enxeñaría Forestal, o PARS (Programa Académico de Percorrido Sucesivo) en Telecomunicación, Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, Linguas Estranxeiras, Traudcción e Interpretación Español-Francés e Galego-Inglés, e Filoloxía Aplicada en Galego e Español.
Na USC, aínda non colgaron o cartel de 'completo' Ciencia Política e da Administración, Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Galegas, Linguas e Literaturas Modernas, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Xeografía e Ordenación do Territorio, todas elas en Santiago.
No Campus de Lugo, aínda non pecharon a admisión Enxeñaría Civil, Enxeñaría Forestal e do Medio Rural, Procesos Químicos Industriais, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Paisaxe, Xestión Cultural tanto presencial como semipresencial, e o Grao Aberto 5USC Enxeñarías.
Finalmente, na Universidade da Coruña (UDC), aínda hai prazas en Enxeñaría Eléctrica, Relacións Laborais e Recursos Humanos, e Xestión Dixital de Información e Documentación, en Ferrol.
Na cidade herculina, non están completas Enxeñaría de Obras Públicas, Español: Estudos Lingüísticos e Literarios, Galego-Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios, Socioloxía, Tecnoloxías da Enxeñaría Civil, Turismo presencial e 'en liña', e o dobre grao en Inglés e Galego Portugués.
PRAZOS
O alumnado que foi convocado a matricularse este martes terá de prazo desde este mércores 11 ás 00.01 ata este xoves, día 12, ás 23.59 para formalizar a matrícula. Unicamente poderán facelo aquelas persoas que posúan cualificación igual ou superior á da última persoa convocada en cada titulación.
Se a persoa solicitante aparece convocada nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia poderá esperar a matricularse nela (en sucesivas convocatorias) en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia.
Para iso, deberá reconfirmar na plataforma 'Nerta' que desexa continuar na lista de espera, pero debe ter en conta que só quedan dous chamamentos máis e prazas libres en 37 titulacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.