Ofensiva en Bruxelas en defensa da soberanía do Sahara Occidental

O BNG impulsa no Parlamento europeo, xunto con outros grupos, que a UE defenda a "soberanía do territorio Saharauí".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2024 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, impulsou no Parlamento Europeo o envío dunha carta dirixida ao Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Josep Borrell, na que eurodeputados e eurodeputadas de tres grupos diferentes denuncian a posición do presidente francés, Emmanuel Macron, sobre o Sahara Occidental, -- contraria á legalidade internacional -- e expresan unha "rotunda defensa da soberanía do territorio saharauí".

Segundo apunta a formación política, para Miranda a posición de Macron é "totalmente a favor de Marrocos e demostra a falta de cumprimento do dereito internacional, a falta do respecto dos acordos sobre o Sahara Occidental e unha falta de lexitimidade". Recalca, ademais, que "o Sahara non pertence a Marrocos, tal e como apuntan as diversas resolucións de Nacións Unidas".

Ante estas circunstancias, os eurodeputados e eurodeputadas asinantes solicitan un encontro co Alto Representante da UE, "tendo en conta que nuns meses será a sentenza, que seguramente lle dará a razón á fronte Polisario, considerando os acordos coa Unión Europea de forma ilegal".

Así, engade o BNG, a carta lembra que o Tribunal Europeo de Xustiza xa sentenciou que Marrocos e o Sahara Occidental son "dous países distintos" e que Marrocos "non ten soberanía nin unha administración recoñecida nos territorios que ocupa que lle permita dispor dos recursos naturais dese territorio".

Tamén lembra que a posición tradicional da UE neste asunto foi apoiar a posición de Nacións Unidas ao respecto e os "esforzos" levados a cabo polo Secretario Xeral de Nacións Unidas para aplicar as resolucións do Consello de Seguridade e o cumprimento da legalidade internacional.

Crianzas saharauís
Crianzas saharauís | Fonte: mrnmagazine.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta