O BNG propón aumentar as prazas no Eixo Atlántico con trens de dobre composición

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2024 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou incorporar os trens de dobre composición para todos os servizos do Eixo Atlántico ferroviario para "atender á carencia" de prazas.

Para iso, Rego rexistrou novas iniciativas para que o Goberno do Estado e, en concreto, o Ministerio de Transportes atenda a alta demanda dos servizos ferroviarios. Neste sentido, urxiu iniciar o plan de puntualidade, incorporando o incremento dos servizos e realizar unha planificación adecuada na venda de billetes, especialmente para o período de Nadal "abrindo a venda canto antes".

Nun comunicado, o BNG explicou que unir dous trens para realizar o mesmo servizo aumentará a oferta semanal en máis de 7.300 prazas co que "poderán facer fronte aos picos de demanda" que se producen nos fins de semana e algúns días de semana. Co retorno do traballo e o reinicio da actividade laboral completa tras as vacacións do verán, o BNG pediu "dar canto antes un servizo adecuado".

"A medida é necesaria para aumentar o número de prazas nun dos corredores ferroviarios con maior demanda do Estado e deberá aplicarse para reforzar o conxunto dos servizos diarios e non só nos picos de demanda", defendeu Néstor Rego.

O deputado do BNG no Congreso, Nésto Rego.. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Nésto Rego.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta