Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/09/2024 | Actualizada ás 18:18
O PSdeG reunirá este martes aos seus alcaldes e alcaldesas para abordar o financiamento local, segundo expuxo o seu secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, en declaracións aos xornalistas con motivo da súa presenza na presentación do anuario deste ano do Foro Económico de Galicia. Nelas, apuntou a un "crecemento máis lento" da economía galega e argumentou que se están "perdendo oportunidades".
Non estamos a chegar á media de crecemento en España, son cuestións que prexudican directamente aos galegos e ás galegas". Por iso, instou á Xunta a "tomar medidas" mentres avanzou que o PSdeG reunirá mañá aos seus alcaldes "para reflexionar sobre a cuestión económica" e "o peso" das administracións locais "nos orzamentos". Ademais, Besteiro manifestou que a próxima semana preguntaralle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre asuntos económicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.