Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2024 | Actualizada ás 19:08
A Policía Nacional despregou na tarde do luns un dipositivo en Ribeira para protexer unha muller que, segundo denunciou, recibira ameazas por parte da familia do seu marido falecido. Ademais, contou que ela e a súa filla foran retidas nunha vivenda en Vilagarcía de Arousa.
Segundo confirman a Europa Press fontes do corpo nacional, a muller dirixiuse á Policía Local do municipio para denunciar que permanecera contra a súa vontade nesta casa en Vilagarcía, onde supostamente a obrigaron a cortar o pelo e a vestir de loito.
Cando conseguiu fuxir e chegar a Ribeira, denunciou estes feitos e as ameazas que lle proferían estas persoas. Ante a posibilidade de que a familia do defunto puidese presentarse alí, na tarde do luns a Policía Nacional enviou un grupo de axentes á contorna da vivenda, en Xarás. Con todo, finalmente desactivouse o operativo porque non acudiu ninguén.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.