Cerna aposta pola unidade da esquerda e do nacionalismo

A formación escindida de Anova destaca o éxito de En Marea e felicítase porque Galicia teña grupo parlamentario propio en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/12/2015 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

Cerna, a formación escindida de Anova, aposta pola unidade da esquerda e do nacionalismo para novas citas electorais. E faino en base ao éxito colleitado polas Mareas e tamén polo feito de que os 80.000 votos de Nós non teñan servido para acadar deputado.

A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros
A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros | Fonte: teinteresa.com

"Queremos destacar que nos procesos de entendemento, confluencia e unidade é onde reside a posibilidade de avanzar para poñer as institucións ao servizo da maioría social. Abonda con observar que -de terse producido a unidade completa que moitas de nós propugnamos nestes pasados meses previos- estaríamos ante un panorama de 8 ou 9 escanos no Congreso e 4 no Senado e disputándolle ao PP sermos dende xa a primeira opción electoral en Galiza", apunta nun comunicado.

Por iso,insiste na necesidade de que a unidade que non foi posible acadar para os comicios xerais, sexa posible nas autonómicas de 2016. "Enviaría ao PP ao baúl dos pesadelos e abriría unha etapa de goberno ao servizo da xente. Só é cuestión de vontade política e xenerosidade, o obxectivo meréceo", engade.

Cerna celebrou hai uns días en Santiago de Compostela a Comisión de Coordinación de CERNA. Unha xuntanza na que destacan o "moi importante avance" de En Marea e a perda substancial de votos do PP como os dados máis positivos destas eleccións.

"Debemos felicitármonos colectivamente porque Galiza teña conseguido uns resultados que lle permiten constituír un Grupo Parlamentario Galego de esquerda", indica. Ademais, e a pesar das dúbidas planteadas, este grupo é "xuridicamente independente a todos os efectos e un instrumento ao servizo do interese nacional de Galiza e da súa cidadanía, garantindo a presenza do noso País no concerto político do estado con redobrada forza".

Finalmente, Cerna suliña o importante avanzo do espazo cidadán de ruptura que, di, "chega até un máximo nunca acadado na serie histórica electoral na Galiza - perto de 500.000 votos-, que permiten avistar unha derrota do PP en vindeiros procesos electorais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

9 Mastropiero

pois non sei que decirlles, pero si que, honrando á verdade, poden falar de Mareas pero na Marea Atlantica (na Coruña) CERNA non estivo nas eleccións de maio. pouco participaron e deixarono tempo antes. A que ven agora falar de unidade e blablabla de nada. podería dar nomes, máis non me presta xa falar diso....

8 apenada

Como póden ter a desfachates de decir que están coas mareas, se nunca apostaron pola unidade. Ou xa se esqueceron cando o das Europeas que Mario e Palleiro puxeron todos os medios para romper Anova, creando Cerna. Todo por querer crear unha candidatura de unidade que foi AGE en Europa. Sempre quixeron voltar ao BNG. pois que sigan que ahí están moi ben

7 Metástase

Eu non sei en qué país vivedes. Sei e todos sabemos que PODEMOS-IU-PODEMOS e en marea foron moi votados. Non tenho dúvidas e ninguén ten dúvidas. Pero contándome a mín foron 80.000 votos. Segundo o voso criterio o PP é o melhor porque foi o máis votado con diferenza. Xa digo, non sei en qué país vivedes. Todos sabemos o que sabemos. Que hai moitas cousas que mudar no nacionalismo e soberanismo. Pero só un cativo non vé o valor de 80.000 votantes. Si falo e escribo en galego é por eses 80.000 votantes. Non polo que digan adolescentes. E estoulhes moi agradecido. E eu son fiel. Eu sempre pensei que ser fiel era importante. Vexo que non para algúns desagradecidos.

6 antón de guizán

Estes ghichiños que apostaron por NOS caga, agora meten o rabo entre as pernas. Malvido cando pensas empezar a traballar?

5 Delirium tremens

Coidadiño con estes tumores que son canceríxenos.