Sanxenxo colaborará con espazos e servizos para favorecer a integración dos 70 migrantes malianos

Que chegaron na tarde do martes ao municipio.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/09/2024 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

O Concello de Sanxenxo, igual que o ano pasado, colaborará coa ONG Accem Galicia na cesión de espazos e a xestión de servizos para facilitar a integración dos 70 migrantes procedentes de Mali que chegaron na tarde do martes ao municipio. Así o confirma a concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, tras manter a semana pasada un encontro co coordinador de Accem en Galicia, Daniel Bóveda, na que tamén estivo o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín.

En palabras de Lago, o Concello "volverá estar á altura" da situación coa súa disposición a favorecer a inserción destas persoas. Así, a concelleira xestiona a reserva de distintos espazos municipais e a dispoñibilidade horaria para a ONG, así como colaboracións de empresas privadas ou xornadas de seguridade viaria e primeiros auxilios coa Policía Local e Emerxencias de Sanxenxo.

"Colaborar con Accem foi unha experiencia moi positiva e esperamos que nesta ocasión sexa igual", apunta a edila. Desde o martes, estes 70 malianos alóxanse no Hotel Baixamar de Sanxenxo. Contan xa coa protección internacional tramitada e o consecuente permiso de traballo.

Varios migrantes á súa chegada ao Hotel Baixamar de Sanxenxo. Elena Fernández
Varios migrantes á súa chegada ao Hotel Baixamar de Sanxenxo. Elena Fernández | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta