Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2024 | Actualizada ás 10:53
Un camioneiro de 40 anos de idade morreu atropelado por outro coche na noite do venres tras baixarse do vehículo na A-52, á altura de Toén, por un rebentón nunha roda.
Segundo informan o 112 Galicia e a Garda Civil, ocorreu pasadas as 23.00 da noite no quilómetro 240 da citada estrada, ao seu paso pola parroquia de Feán, en Toén. Eran varios os particulares que chamaban á central de emerxencias para advertir do sinistro.
Nun primeiro momento solicitaban asistencia sanitaria urxente tanto para o camioneiro, que estaba tendido na estrada, como para o condutor do turismo, que estaba inconsciente no interior do seu vehículo. O camión transportaba troncos de madeira e era de matrícula portuguesa.
Seguidamente, o 112 pasou o avisou a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros do Carballiño, ao GES de Ribadavia, á Garda Civil e a Protección Civil.
O condutor do camión, un home de 40 anos, xa estaba morto cando chegaron os servizos sanitarios. En canto ao outro implicado, foi trasladado consciente nunha UVI móbil ao hospital de Ourense.A A-52 tivo que quedar totalmente cortada nun inicio e na mañá deste sábado só o carril esquerdo está habilitado para a circulación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.