Novo intento de timo aos pensionistas co envío de cartas falsas

Na misiva pídese unha serie de datos persoais fundamentais para realizar timos bancarios.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 23/09/2024 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Fotografías de ambas as caras do DNI ou NIE, un extracto bancario onde figure o titular e a última cantidade de penbsión que cobrou no mes pasado. Son os datos que se lle están pedindos as e os pensionistas do país nas últimas semanas a través de cartas onde se suplanta a identidade da Seguridade Social.

Carta falsa remitida a pensionistas nun novo intento de timo
Carta falsa remitida a pensionistas nun novo intento de timo

Trátase dunha nova modalidade de estafa, supostamente enviada pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na que se solicita información confidencial baixo pretextos falsos. O texto da carta informa os destinatarios que, debido a unha recente lei e a un suposto ataque informático nos sistemas de Facenda e Seguridade Social, moitos dos datos dos cidadáns perdéronse. Para actualizar a información, pídeselles aos xubilados enviar unha serie de documentos sensibles.

Ademais, a carta promete un suposto incremento da prestación, que variaría entre 75 e 150 euros, como un gancho para facer que as persoas caian na trampa. Para enviar a información, facilítase unha dirección de correo electrónico que non pertence a ningunha entidade oficial: seguridadsocial.granada@outlook.es.

As autoridades lembran que a Seguridade Social nunca solicita información confidencial por carta nin utiliza correos electrónicos non oficiais para xestionar datos persoais. Ademais, instan á cidadanía, especialmente aos xubilados, a non responder a este tipo de solicitudes e a denunciar calquera intento de estafa ás autoridades pertinentes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta