A mineira de Touro podería verter 1,5 millóns de litros de augas fecais e industriais ao río Ulla, segundo ecoloxistas

Ecoloxistas en Acción denunciou ante a Fiscalía de Medio Ambiente que o denominado humidal reactivo da corta de Bama está sendo valeirado polos terreos da mina.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/09/2024 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción denuncia que a bacia do río Ulla, e o propio río, van sufrir un vertido de 1.440.000.000 litros de augas residuais e 535.000 litros fecais por ano. Isto ocurrirá se finalmente a Xunta de Galicia autoriza este vertidos ao dominio público hidraúlico a Explotaciones Gallegas. Esta empresa solicitante do vertido é a propietaria da mina de Touro xunto con Atalaya Mining, mineira que  ostenta os dereitos de explotación a través a empresa pantalla Cobre San Rafael.

Tubaría de drenaxe da mina de Touro con verteduras de augas residuais que van dar ao río Ulla
Tubaría de drenaxe da mina de Touro con verteduras de augas residuais que van dar ao río Ulla | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Sinalan que gran parte do vertido serán augas residuais industriais procedentes dos lavadeiros dos camións da planta de reciclaxe de plásticos de silos, augas do proceso de lavado de áridos ou augas residuais da actividade da planta de tratamento de residuos de lodos de depuradoras para a elaboración de tecnosolos.

Todas esas augas serán vertidas ao río Pucheiras e aínda que a mineira di que serán previamente bombeadas a unha planta de tratamento de augas onde se tratarán químicamente, Ecoloxistas en Acción suma ao perigo dunha defectuosa ou insuficiente depuración que ditas augas arrastren metais pesados procedentes dos depósitos de estériles da antigua mina pechada hai máis de 30 anos sin plan de restauración.

“Tamén queren verter as surxencias bombeadas do depósito de estériles da mina, para manter o  nivel de cota da balsa de áugas ácedas do Vieiro nunha cota inferior a 303 metros, sin explicar cómo fixo ata o de agora con esas augas que sobraban na mesma balsa e que entendemos que van polo río Pucheiras dende hai anos sin autorización de vertido, coa excusa de que son escorrentías”, sinala Ecoloxistas en Acción.

A entidade ecoloxista tamén anuncia que trasladou á Fiscalía de Medio Ambiente as filtracións contaminantes do denominado humidal reactivo da corta de Bama. A organización ecoloxista denunciou que este humidal está sendo valeirado polos terreos da mina filtrándose ao subsolo sen ningún tipo de tratamento, nin impermeabilización. E que isto esta facéndose sen ningún análise previo das augas subterráneas para determinar qué danos se poden estar ocasionando. Estes feitos tamén foron postos en coñecemento do Xuzgado de Arzúa, onde se tramitan varios expedientes das múltiples denuncias que se acumulan en torno á mina de Touro polo dano continuado ao medio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta