Medio Ambiente ve "moita opinión" sobre Altri e o BNG cre que "lle importan un pemento" os informes técnicos

Ángeles Vázquez responde a Olalla Rodil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2024 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, indicou que ve "moita opinión" sobre o eventual impacto da fábrica de Altri en Palas de Rei, máis aló dos "xuízos técnicos que se emitan" e que decidirán --segundo garantiu-- o "pronunciamento final" da Xunta sobre a súa autorización para instalarse na comunidade.

A través dunha interpelación no pleno do Parlamento, a deputada do BNG Olalla Rodil afirmou que á Xunta "impórtalle un pemento o que vaian dicir os informes técnicos", ao considerar que ten unha decisión xa tomada.

"Vostedes decidiron arrastrar a toda a comarca para pór a alfombra vermella a unha multinacional que non pode instalar en Portugal esta megacelulosa", aseverou a nacionalista, quen volveu a falar dunha "auténtica bomba ambiental no corazón de Galicia".

Xa ao comezo da súa intervención, Rodil reprochou á dirixente que a Xunta diga ao Bloque que "quere que a xente sexa máis pobre", polo seu rexeitamento á iniciativa de Altri. "Como vai ser pobre este país. Non somos pobres, nin Altri é quen nos vai a traer riqueza", sentenciou, en referencia, entre outras cuestións, ás explotacións gandeiras da zona.

A isto, a responsable de Medio Ambiente replicou pedindo aos nacionalistas que sinalen "que proxectos queren para Galicia que vaian máis aló dos arados, os carros e as corredoiras", ao peche do debate.

"ISTO NON É VENEZUELA"

En resposta ás referencias aos informes técnicos, a titular da consellería interpretou que o grupo do BNG acusa o Goberno galego de estar "mangoneando" aos funcionarios. "Que non, señora Rodil, que isto non é Venezuela... Estamos nun estado de dereito, seguimos a tramitación", dixo Ángeles Vázquez.

Neste sentido, apuntou que están emitidos varios informes por parte do técnicos pero que a declaración de impacto ambiental aínda non está lista e o Executivo autonómico "sempre" está "aberto a achegas", e unha delas "pode ser a do Consello da Cultura Galega.

En todo caso, previamente referiuse a a existencia de "opinións" e en concreto mencionou o informe que, sobre as emisións gaseosas, di que "non están analizadas" todas as que esixe a normativa e a recente xurisprudencia comunitaria (partículas finas PM2,5, dióxido de carbono, monóxido de carbono e compostos orgánicos volátiles). "Si están analizadas. Igual fixéronlle o encargo a alguén que quería dicir que a Xunta non o fixo", sinalou.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta