Carballo multa con máis de 30.000 euros á UTE de recollida de lixo por incumprir servizos mínimos durante a folga do verán

En concreto, a sanción a esta UTE de empresas correspóndese con esta contía ao tratarse da primeira falta grave.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/09/2024 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O Concello de Carballo vai multar con 32.648,9 euros á UTE Carballo (Urbaser e Servizos Galegos de Lacería) de recollida de lixo por incumprimento dos servizos mínimos durante a folga que tivo lugar no verán. O pasado mes de xullo, o pleno da corporación aprobou, a proposta do goberno municipal, iniciar o expediente para impor sancións á concesionaria ante a "gravidade" da situación. Agora, no pleno do próximo luns, 30 de setembro, ese acordo vaise a materializar toda vez rematou a tramitación e descartáronse as alegacións da empresa.

En concreto, a sanción a esta UTE de empresas correspóndese con esta contía ao tratarse da primeira falta grave. Diso informaron este venres o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Contratación, Ramón Varela; e a concelleira de Facenda, Belén Lendoiro, na presentanción dos asuntos que se abordarán en pleno.

Lixo acumulado nun colector en Carballo
Lixo acumulado nun colector en Carballo | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta