Case o 30% do salario dos galegos é para facer fronte á hipoteca

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2024 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Os galegos teñen que destinar o 27,8% do seu salario para facer fronte ao pago da hipoteca da súa vivenda durante o segundo trimestre de 2024, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este luns.

Con todo, esta taxa conta cunha pequena mellora respecto ao 28,6% que supuña nos tres meses anteriores, así como fronte ao 28,5% do segundo trimestre de 2023. Iso si, supón un acusado incremento ao 23,2% que se destinaba do salario no segundo trimestre de 2022.

Así mesmo, o esforzo financeiro a 20 anos elévase ao 31,3%, tamén con lixeiro descenso fronte ao 32,1% do primeiro trimestre de 2024, aínda que son catro puntos máis que en 2022.

Edificios de vivendas en construción
Edificios de vivendas en construción | Fonte: Alberto Ortega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta