A actividade económica galega continúa crecendo en xullo, ata un 3,4%, segundo o Indicador Abanca-Foro Económico

Conséguese o valor máis alto rexistrado desde novembro de 2021.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2024 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

A economía galega acelerou o seu crecemento no mes de xullo, subindo un 3,4% en comparación co mesmo mes de 2023, segundo o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia. Nun comunicado, este organismo subliñou que o incremento supón unha décima máis respecto ao mes anterior e "serve para reforzar a senda crecente coa que comezou 2024".

Así, se consegue o valor máis alto rexistrado desde novembro de 2021, cando aínda as cifras da economía galega estaban afectadas pola reactivación tras a pandemia.

"Empezado xa o terceiro trimestre do ano, e como ocorreu nos meses anteriores, confírmase a previsión optimista de inicio de ano, reflectindo un comportamento económico mellor que as expectativas coas que terminou 2023", indican desde o Foro Económico de Galicia.

Ademais, engadiron que as cifras do mes de agosto serán "determinantes" para saber o comportamento de todo o verán, o que marcará a tendencia do conxunto do segundo semestre. Por agora, lembran que as revisións que están a facer as principais institucións son "optimistas".

En canto ás distintas variables recollidas no Indicador, 13 das 15 mostras un crecemento positivo, unha máis que o mes pasado. Entre elas, destacan o índice de cifra de negocios nos servizos, cun incremento próximo ao 10%. En sentido contrario, as exportacións e o visado de vivendas caen respecto ao ano anterior.

A economía galega
A economía galega | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta