O BNG pide paralizar a proposta da CE de recortar os TAC do boquerón por prexudicar "gravemente" a Galicia

Cualifican isto como "un novo atraco á nosa frota pesqueira galega".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/09/2024 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou iniciativas ante a proposta da Comisión Europea (CE) de reducir de "maneira brutal" os TAC para a pesca do boquerón, unha medida que "afectaría gravemente á frota pesqueira galega".

Segundo apunta a formación política, a senadora do BNG, Carme da Silva, solicitou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación protexer os intereses do sector pesqueiro galego e levar a cabo "as actuacións necesarias que permitan frear este golpe". Critica, ademais, que esta proposta "non vén argumentada dunha forma rigorosa nin científica e tampouco por estudos de impacto socioeconómicos pertinentes".

A agrupación nacionalista apunta que despois de coñecer que a CE fixese unha proposta de "brutal recorte" nos TAC para o boquerón, na zona que abarca de Fisterra ata o golfo de Cádiz, rexistrou iniciativas "de urxencia" para impedir o que cualifican como "un novo atraco á nosa frota pesqueira galega".

O BNG explica que a CE propón unha diminución do 54% no total admisible de capturas para o boquerón e con carácter retroactivo, co cal "se pasaría das 5.000 toneladas actuais a 969". "Unha redución brutal á que se engade unha división por zonas de modo que esa cota revertería no golfo de Cádiz, marxinando a zona occidental do Atlántico e, por tanto, a costa galega", segundo denunciou a senadora do BNG.

A senadora do BNG, Carme da Silva. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
A senadora do BNG, Carme da Silva. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta