Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2024 | Actualizada ás 14:25
A Xunta construirá a primeira planta pública de Galicia para a xestión e recuperación de residuos domésticos téxtiles, segundo informou o presidente, Alfonso Rueda, ao termo do Consello, nunha comparecencia xunto á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. Cun investimento de 14 millóns de euros, esta nova instalación, situada no complexo ambiental de Sogama, enmárcase no hub téxtil que pretende impulsar o Goberno autonómico para atraer á comunidade autónoma investimentos e empresas ligadas ao sector.
"Avanzar na reciclaxe é algo obrigado e determinado por parte da Unión Europea", recalcou Rueda, quen lembrou que a normativa estatal establece que, a partir de xaneiro de 2025, "todos os concellos teñen que recoller de forma separada os residuos téxtiles". "A nosa obrigación é traballar para que concellos o cumpran", dixo en referencia ao investimento aprobado para esta nova planta, que se licitará este ano e que estará concluída "a mediados de 2026", co obxectivo, ademais de tratar, inicialmente 3.000 toneladas de residuos ao ano. Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente recalcou que nestes dous anos a Xunta deu "incentivos" aos municipios para que teñan "colectores específicos" e engadiu que en 2025 "todos por lei" terán a obrigación de implantalos.
TRATAMENTO E FUNCIONAMENTO
"Non se van a poder destruír os excedentes e temos que facer desta obrigación unha oportunidade", sentenciou para incidir, ademais, na que a Xunta "cumpre" con iso coa lei estatal, aínda que co obxectivo de traballar en "incentivar". Sobre as toneladas a tratar, precisou que a capacidade será, inicialmente, de 3.000 toneladas, pero que se irá "ampliando" ata chegar ás 24.000 toneladas ano. "A Sogama chega na bolsa negra o sete por cento de residuos téxtiles", expuxo a conselleira quen apelou a traballar para que haxa unha separación en orixe e facelo en colaboración tamén con entidades sociais.
ALTRI
Cuestionada de se irían á planta de Altri en Palas de Rei tamén estes residuos, de materializarse o proxecto, a titular de Medio Ambiente indicou que o primeiro é "chegar á xente e que se saiba que debemos reciclar". "E que logo teña un destino e como sempre unha oportunidade para que a empresa teñan a reciclaxe necesaria aquí en Galicia e póidano utilizar".
En canto á nova planta para o tratamento de residuos téxtiles, explicou que se enmarca nas iniciativas do Plan Estratéxico 2024-2030 de Sogama, un documento do que foi informado este luns o Consello da Xunta e no que se recollen as liñas de traballo que guiarán á empresa pública a partir do ano que vén.
ENVÍO A CENTROS RECICLADORES
Unha vez estea en marcha, a súa función principal será a de prepararse para reciclar tanto residuos téxtiles procedentes das empresas de economía social que operan en Galicia como daquelas que teñan a súa orixe en colectores instalados na rúa. En concreto, fontes da Xunta precisaron que levará a cabo un proceso de clasificación por composición do material téxtil recibido, así como unha separación de desperdicios impropios que poidan chegar xunto a este.
Unha vez clasificado, enviarase preferentemente aos centros recicladores para que estes o convertan en fibra téxtil reciclada ou outros produtos como, por exemplo, material illante. A xestión do rexeitado resultante do proceso farase en Sogama. A nova planta tamén permitirá separar material apto para a súa comercialización en tendas de segunda man, en colaboración con empresas de economía social.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.