Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2024 | Actualizada ás 16:09
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediu a MasOrange que o impacto do expediente de regulación de emprego (ERE) a nivel estatal, e que afectaría a 800 traballadores no conxunto do Estado, unha vintena en Galicia, sexa "o mínimo ou ningún". "E que non haxa unha diminución da prestación", expuxo ao ser cuestionado por este asunto ao termo do Consello da Xunta e, en concreto, sobre o seu encontro en xuño co conselleiro delegado de MasOrange, Meinrad Spenger, e a decisión, con posterioridade, anunciada pola empresa.
En relación a esta cuestión, dixo que no seu caso o que lle corresponde é garantir que os contratos se cumpran "en plenitude" e que así o trasladou á empresa. A iso, engadiu que en Galicia sexa "da mínima intensidade" o impacto do ERE. "Non se pode facer máis nin menos", afirmou ao incidir en que a súa postura a este respecto pasa por ser "esixente" e ofrecer a colaboración da Xunta para que o impacto sexa "mínimo" en R Cable.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.