Os encoros galegos quedan ao 62,22% tras perder 20 hectómetros na última semana

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2024 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

A reserva hídrica dos encoros galegos mantén unha semana máis a súa tendencia á baixa tras perder outros 20 hectómetros cúbicos respecto de hai sete días, co que quedan no 62,22% da súa capacidade.

Con base nos datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes, a auga nos encoros da conca Miño-Sil, a de maior capacidade, perde 31 hectómetros respecto da semana pasada ata os 1.946, un 64,2%, máis que a estas alturas de 2023 e que a media do último lustro.

Pola súa banda, a reserva de Galicia Costa é do 53,36% tras recuperar 11 hectómetros no últimos sete días. Agora ten 354 hectómetros cúbicos de auga acumulada, menos que o ano anterior e que a media do últimos cinco anos.

Vista aérea do encoro de Prada desde a zona Candeda / Agostime / Europa Press
Vista aérea do encoro de Prada desde a zona Candeda / Agostime / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta