O número de agrupacións forestais de xestión conxunta duplícanse en menos dun ano con axudas específicas

Estableceranse 10 novas agrupacións na provincia de Ourense, seis na de Lugo e catro na de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2024 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

A Xunta reivindicou este luns que as axudas para o fomento e apoio das agrupacións forestais de xestión conxunta convocadas pola Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, van conseguir que se duplique o número de asociacións rexistradas en menos dun ano. Así o recolle o proxecto de acordo presentado este luns ante o Consello da Xunta, no que se recollen as actuacións que se prevén levar a cabo.

Neste sentido, as achegas, cuxa resolución se publicará este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG), van permitir a creación de 20 novas entidades deste tipo por un importe superior aos 775.000 euros, incrementando ata 44 as asociacións inscritas no Rexistro Administrativo de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta.

Tendo en conta a incorporación das novas agrupacións, este rexistro vai contar con 1.795 socios para xestionar conxuntamente 14.942 parcelas, cunha superficie total de 4.811,19 hectáreas, co fin de obter unha mellora na eficiencia e sustentabilidade da xestión forestal.

Neste sentido, estableceranse 10 novas agrupacións na provincia de Ourense, seis na provincia de Lugo e catro na provincia de Pontevedra.

Xestión forestal. XUNTA
Xestión forestal. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta