AELGA nomea á escritora palestina Shahd Wadi como Escritora Galega Universal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2024 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) aprobou o nomeamento de Shahd Wadi, escritora palestina, como Escritora Galega Universal en 2025.

Segundo informou a AELG nun comunicado, a decisión adoptouse desde o "profundo respecto e afecto" á súa persoa e a valoración da alta calidade na súa obra, así como por "defender a dignidade nacional" de Palestina e os dereitos individuais e colectivos da súa poboación.

Poeta e tamén autora do libro 'Corpos na trouxa: histórias-artísticas-de-vida de mulheres palestinianas non exílio' (2017), aborda, na súa investigación, as narrativas artísticas no contexto da ocupación israelita de Palestina e considera as artes un testemuño de vidas, tamén da súa.

Shahd Wadi
Shahd Wadi | Fonte: Shahd Wadi

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta