O Concello de Lugo destina 90.000 euros para ser o destino da 5ª etapa de La Vuelta 2016

Lara Méndez destaca os "importantes beneficios económicos" deste evento deportivo. Os organizadores estiman nun millón de euros os beneficios que recibirá a cidade.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 11/01/2016 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

"Será un acontecemento que supón un gran impacto promocional da cidade". É a principal argumentación que dá o Concello de Lugo para a inversión de 90.000 euros en La Vuelta 2016 para que a quinta etapa remate nesta cidade o vindeiro 24 de agosto.

Saída da etapa de La Vuelta 2013 de Pontevedra
Saída da etapa de La Vuelta 2013 de Pontevedra | Fonte: José Chazo

Os organizadores estiman que os beneficios que recibirá a cidade roldarán o millón de euros. Por iso, Lara Méndez destacou os importantes "beneficios económicos" e "a alta repercusión mediática e de recoñecemento público" que suporá a chegada da competición ciclista á cidade.

Nun comunicado, incidiu no feito de que Lugo aparecerá no momento de máxima audiencia en televisión xa que é o punto final da etapa. "Isto porá o foco na cidade e suporá unha proxección para o fomento do turismo co consecuente efecto na economía local", engadiu.

Nesta liña, Méndez tamén indicou que o feito de acoller este evento segue "a liña de traballo municipal" e a "aposta polo deporte, en todas as súas modalidades e para todas as idades".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Cam

Este país é así sempre servil o poder de Madrid.

4 Ana

O pobo galego ten o que se merece: pan e circo, e a seguir emigrando. Unha provincia que perde poboacion pola emigracion en lugar de invertir en crear emprego (potenciando por exemplo o sector lacteo) para que a xente nova quede na provincia xa vemos a que destina os cartos. Eu xa non responsabilizo aos politicos da situacion do pais, a culpa esta na cidadania que os vota.

3 anonimo

O pp ainda ta pagando OS favores de cando a propia organización da voltaje sacou un falso positivo para desfacer o equipo ciclista gallego. Cando nadie quede saber de etapa da volta siempre aparece o pp de caliza a dar cartiños

2 Alberte

Cando falas da Galiza como ente abstracto, podes ser galeguista. Pero cando te achegas á povoación que hai nela e cando das unha volta polas cidades galegas, decátaste, moi o teu pesar, de que si quitas o centro das cidades, que son centros fermosos, como Corunha, Lugo, etc. se te vas ás aforas destas cidades, vés que son moi feas. As avenidas son estreitísimas, o caos urbanístico é insufrível. Cando fan avenidas novas, sempre as fan moi estreitas. Para ir dun punto A a un punto B pasas por calexóns, rúas estreitas, curvas estreitas que non tenhen sentido e un sinfín de baches que fan das cidades uns oasis nos centros e no exterior das mesmas, un caos terceiromundista. Iso é o que vé calquera que tenha estado en calquera cidade do mundo occidental. Menos os que naceron aquí. Non se decatan que todo o que se fixo antes e durante a democracia é todo, menos unhas cidades das que te sintas orgulhoso. Así é o noso país. En abstracto Galiza. En particular, noxo.

1 galego non nacionalista

Si, o feísmo e a urbanización terceiro-mundista é evidente. Semelha que non moita gente se decata. Se por min fora estas atividades de apología do nacionalismo espanhol podían metelas no...

1 Fonsagrada

Canto aportan os hostaleiros da cidade de Lugo?