Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 03/10/2024 | Actualizada ás 22:37
O expresidente Felipe González negou escoitar os audios coñecidos nos últimos días entre o Rei emérito Juan Carlos I e a vedette Bárbara Rei. "Non teño nin idea do que falan", asegurou.
O socialista asistiu este xoves á primeira xornada do Foro La Toja, que se celebra ata o sábado na Illa da Toxa, no Grove, e onde esta tarde participou nunha mesa de debate xunto ao tamén expresidente Mariano Rajoy e o portugués Antonio Costa.
Á saída do Palacio de Congresos, preguntóuselle a González polos audios entre o emérito e a vedette -- posto que el era presidente do Goberno cando estes se gravaron -- e negou, visiblemente molesto, escoitar "nada".
"Eu non ouvín ningún audio e menos diso", aseverou de camiño ao coche que o ía a recoller. Nese momento, e ante a insistencia dos xornalistas respecto dun posible pago con fondos públicos á artista, reiterou a súa negativa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.