Alexandra Fernández: “En Marea é un espazo en construción que ten as portas abertas”

A actual voceira de En Marea no Congreso destaca nesta entrevista os atrancos que existen para que os seis deputados galegos teñan grupo parlamentario propio en Madrid. Critica que o PSOE se vaia decantando xa por "unha gran coalición co PP e Ciudadanos e con apoios mediáticos".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 13/01/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Tamén fala das vindeiras eleccións autonómicas e, insiste, que as portas de En Marea seguen abertas a outras candidaturas populares e nacionalistas, como Cerna, CxG ou o propio BNG “porque o gran rival é o PP” e pódese “camiñar xuntos”.

Alexandra Fernández
Alexandra Fernández

Como están as negociacións para que En Marea teña grupo propio no Congreso?
Nós temos falado co PSOE explicándolle que En Marea non é unha suma de partidos senón moito máis. Son 405.000 galegos que queren voz propia no Congreso e para nós, iso, é a cuestión principal. Podemos negociar financiamento dos grupos e os tempos de intervención, pero a cuestión principal para nós é que houbo unha vontade da cidadanía de que houbera un Congreso máis plural e que se entenda a plurinacionalidade no Estado, e que isto ten que estar presente no Congreso.

Por iso, dixémoslle que sería un fraude que un 25% dos galegos non tivera representación no Congreso e criticamos que nos traten de vender a gobernabilidade entre elites, que é polo que avoga o PSOE agora, porque hai outras posibilidades como é a de escoitar á cidadanía. Por iso insistimos que ten que decidir que quere escoller; ou apoiarse na muleta de C's, que parece que vai a esa opción, ou se quere ser valente e volver a ese PSOE socialdemócrata.

Pero os interlocutores do PSOE que vos din?
Pois se negan a entender, de momento, o tema dos catro grupos e para nós é crucial isto. Non entendemos que haxa un goberno co PSOE se non entenden que o que demandou a cidadanía é cambio, un cambio plural.

Entendo que esa demanda é común a  todos os integrantes de en Marea; Anova, EU, as mareas e Podemos, non?
Si, claro. Todos estamos completamente de acordo porque todos compartimos esta posición desde o primeiro momento.

Alexandra Fernández, de En Marea, nunha rolda de prensa con Pablo Iglesias e os portavoces de En Comú Podem e És El Moment
Alexandra Fernández, de En Marea, nunha rolda de prensa con Pablo Iglesias e os portavoces de En Comú Podem e És El Moment | Fonte: En Marea

E como interpretas logo as voces que xurdiron estes días en Galicicia coas declaracións do líder de Podemos no país que critica o escoramento ao nacionalismo e apunta a posibilidade de ir en solitario ás autonómicas?
Eu son deputada de En Marea e creo que este tipo de espazos son os máis adecuados para disputarlle o poder ao PP. Sobre o que di Breogán Riobóo... Son discusións que se dan no seo da súa organización. Non nos metemos niso.

Pero non cres que isto abre frontes innecesarias na coalición?

Hoxe demostramos que todos estamos na mesma liña. Que apostamos todos polo mesmo, polas confluencias, porque é a mellor escolla para derrotar ao PP.

Co PSOE semella que tedes dificultade de entendemento, e que tal co resto de grupos de esquerda e cos nacionalistas?
Por agora é unha cuestión aritmética que calquera pacto pasa polo PSOE. Por iso é importante que nos entendamos. Non pode vir con escusas ridículas para, logo, buscar un pacto co PP.

Pero xa hai un pacto co PP?
Todo semella que si.

Entón vai haber gran coalición?
Si, parece que pretende que todo siga igual, nunha gran coalición co PP e Ciudadanos e con apoios mediáticos. Pero nós insistimos que hai posibilidades dun goberno progresista que entenda a plurinacionalidade do Estado.

Con todo, semella que no PSOE hai dous bandos; o de Pedro Sánchez e o de Susana Díaz.  Non cres que aínda hai posibilidades de acordo?
Si. Hai dúas almas diferentes e por iso queremos que o PSOE non pacte co PP e non renuncie aos seus sinais de identidade e axude a construír un novo espazo no que recupere os seus principios socialdemócratas, federalistas e de apoio á plurinacionalidade do Estado. E veremos cara onde camiña; ou cara continuar afondando nas políticas elitistas e privatizadoras do PP ou apostando por alternativa de esquerdas.

E non cres que o que pase en Madrid vai ter resposta en Galicia cun adianto electoral?
Iso está todo no aire pero está claro que nas autonómicas teremos que camiñar nestes espazos porque a suma multiplica e temos que seguir traballando nesta liña, traballando por novos espazos cooperativo e de acumalación de forzas.

Nesa acumulación de forzas da que falas caben novas forzas como mareas, CxG, Cerna o mesmo o  BNG?
En Marea é un espazo en construción con portas abertas e levan abertas desde as municipais porque o gran rival é o PP e podemos camiñar xuntos. Iso espero...

Precisamente ti es de Anova, a parte nacionalista de En Marea. Non cres que isto pode axudar a que haxa entendementos?
Non é cuestión de nacionalismos, senón de que sexamos capaces de aglutinarnos baixo un proxecto común que entenda a capacidade de decidir dos galegas e das galegas.

E supoño que teña como eixo un novo modelo social e defensa da educación ou sanidade pública?
Sí, si claro. Un goberno que pare estas políticas privatizadoras do PP e que blinde o estado de benestar e entenda que Galicia ten especificidades que compre por enriba da mesa, por exemplo,  outro modelo de país e non o do endebedamento do PP. Tamén un novo goberno que aposte pola industrialización e  polos sectores primarios do país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

12 FartodeMareas

Estos de En Marea parecen falabaratos de feira. Si el PSOE fuese realmente socialdemócrata pactaría con el centro derecha (como sucede en Francia o Alemania) y no con los comunistas nazionalistas o indenpendentistas como los de Podemos, IU o las Colau de turno. Respecto a lo de plurinacional ¿Cuántas naciones hay en España? Porque para comunidades históricas, Castilla y Aragón. Si ser “nación” consiste en mantener o crear privilegios (derechos históricos y demás tonterías como esa), mucho me temo que vamos a tener 17 naciones ¿Cuántas son para Pablo Iglesias? Porque aún no le escuché enumerarlas. Después, derecho a decidir ¿el qué? Se decidirá en unos territorios sobre la pena de muerte y en otros sobre la eutanasia o sobre la legalización de las drogas? ¿Qué solvencia y respaldo tendrá para los mercados un estado en riesgo permanente de separación de sus regiones? ¿Quién respaldará las inversiones?

1 nostrus

Completamente de acuerdo contigo, uno de los pocos comentarios sensatos que aparecen por este foro, porque la mayoria solo son lamentos, brindis al sol y jugar a batallitas con la play station. Seria imposible vivir en un estado como el que propugnan los naciotas y seria imposible progresar porque nunca habria el suficiente consenso para hacer nada. los naciotas solo se empeñan en pintar a los gallegos como seres debiles y tontos en que "tododios mexa por nos e dicimos que chove"; será por ellos por los que mean y se rien de ellos. Saudos.

2 nostrus

Con la toteria del derecho a decidir no solamente nos podriamos encontrar que una region pusiera la pena de muerte, otra legalizara las drogas y otra conducir por la izquierda, sino que dentro de una region el conjunto de una de ellas quisiera aplicar la eutanasia y luego dentro de una provincia decidiera que no y en un ayuntamiento de esa provincia saliera que si, pero si se juntan dos ayuntamientos y el conjunto de la suma de los dos sale que pueden saltarse los semaforos. Vamos, que sería la hostia si triunfan las tesis de Podemos. Sinceramente no es un partido serio.

3 Trocomotxo

Pois mirade. Os exemplos qie poñedes son patéticos porque en USA hai estsdos que teñen pena de morte e outros non. Teñen diferentes impostos etc.

4 nostrus

trocomotxo. Tamen aqui en España hai autonomias, pero o que non pode ser que o que decida a maioria da nacion sea mangoneado por unha minoria mayoritaria nun recuncho. E como si na miña casa rexeitamos a ley porque na miña casa decidimos todos incumplila. Aqui en España a pena de morte esta abolida pola Constitucion e ti pretendes que nun concello ou nunha provincia se poña a pena capital si entre eles asi odeciden. Ademais cuando se copia copiase do bon nunca do malo.

11 Abdelkrim

Xa chegou o triunfo pírrico que a UPG soñaba e mesmo necesitaba: Que os grandes partidos españois pactasen á fin non pemitir que En Marea acade grupo parlamentario no Congreso dos Deputados. Este tipo de victorias son as que sempre precisou o nacionalismo autoritario (por leninista) para emocionar de novo ás súas bases derrotadas e deprimidas. Trátase de convertir o éxito entre a cidadanía de En Marea nun fracaso e, de paso, engrasar de novo ao magma BNG. A típica estratexia de "de derrota en derrota, na procura do triunfo final". O que, emboscada e desde a sombra, leva toda a vida a facer a UPG.

1 Comunista

Certo. Resulta lamentable que os autoproclamados "únicos e verdadeiros nacionalistas galegos" do BnG celebren sen disimulo ningún que PP, PsoE e Cs pacten para privar a Galiza dun Grupo Parlamentar propio e soberano, tal como escolleron 408.000 galegas e galegos. O BnG é cada vez máis patético.

2 Mellor NÓS que EU

Eu non celebro que non teñamos grupo parlamentar galego, pero deixade xa de buscar culpabeis fora. Unha das razóns que esgrimia IxU para non entrar nese formato de coalición era que non garantía o grupo parlamentar propio co actual regulamento do Congreso; e eso é o que se está a demostrar agora; nin é culpa do PSOE nin do BNG. Por outra banda, resulta patético ver aos representantes das Mareas defender da man do lider de Podemos os catro grupos paralamentarios, no sitio de defender o que correspondería por dereito propio. Ao final veñen a darlle a razón aos que dubidaban da capacidade de decisión e a obediencia aos partidos estatais.

3 NoMar

pero que carallo ten que ver aqui o BNG?, dende que se cociñou a estratexia de Galiza en Vista alegre xa se sabía que non se podería forma grupo propio coas condicións nas se cualigou, por qué?, o artigo 23 da constitución no seu segundo apartado, e a lei orgánica que rixe a cámara baixa, que por certo se fixo para que tanto o PSC coma o PSE non puidesen facer grupos propios, ademaís, de facerse un pacto para permitir esos catro grupos de Podemos, o PP podería recurrir ( cousa que sen dúbida ia facer ) ó propio constitucional e os xuristas por unanimidade votarían a favor dese recurso, xa se manifestaron nesa posición. É unha magoa e moi negativo para Galiza que non se poida concretar o grupo propio, pero non se pode vende-la moto en campaña a sabendas que a lei íache dar nos fouciños, deixamos de buscar culpables, por que culpables son aqueles que nos meteron na cabeza o do grupo propio a sabendas de que non se podería facer.

10 falemos claro

Comezade polo basico: pedir perdon aos galegos inocentes que enganastes! No BNG tiñan razon: se ides coaligados con Podemos sodes de Podemos, o españolismo non permite dobre militancia (non sei Yolanda, sendo de IU como vai acatar a disciplina de Podemos). A candidatura unica era unha farsa, xa vos tiñades entregado a Podemos e IU, mentistes igual que fixo a UPG, que tampouco quere unidade. E non queredes unidade co BNG os de Anova, Podemos e IU por medo: nunhas primarias abertas un grupo organizado como o BNG arrasa.

1 falemos claro

E non son do BNG, nin voto BNG (os dirixentes estan tardando en dimitir, comezando polo Vence). Pero estou farto da mentira, na que Anova e UPG se moven comodamente. Os vosos intereses son persoais, de clan ou de aparato, de colegas ou de partidiño. Non tedes como prioridade os intereses dos galegos. E as mentiras acaban destapandose: nada de grupo galego, dous deputados nacionalistas galegos (antes co BNG diluidos no grupo mixto, agora con Anova en Podemos) e sendo cabalo de troia do españolismo na Galiza (o BNG traballa para o PSOE e beneficia a Ciudadanos, e Anova para Podemos e IU). Pedide disculpas e rectificade xa!

2 falemos claro

Sabiadelo, estabades avisados: a coalicion instrumental non garantiza grupo propio. Logo, por favor, deixade de facervos as vitimas (sodes iguais que os do BNG: no lugar de recoñecer os erros propios preferides sinalar a culpa nos de fora). Xogastes de farol, mentistes descaradamente aos galegos e agora pretendedes dicer que sodes inocentes... Xa non tedes credibilidade: a vosa unidade era puro servilismo a Podemos e vinganza contra o Bloque. Agora xa foi! Pero non pretendamos repetilo nas autonomicas. Ese non pode ser o camiño certo!

9 nostrus

Alexandra, quixestes facer un timo e estavos a sair mal. A ver si con sorte rematades no grupo mixto como castigo a vosa fanfarroneria. Ademais o Congreso non é unha cámara das autonomias nin España é plurinacional, eso obedece só as vosas confusions, alucinacions e pallas mentales.

8 galegoexiliado

Cando se trata de manter cartos e privilexios as dereitas sempre votaron xuntas. Antes eran bipartidismo e ahora tripartidismo a repartirse o pastel, pero sempre xuntos. A ersquerda sempre desunida, e as mareas, xa se sabe, suben e baixan. A ver si dentro de un meses nas novas eleccions vos presentades representando a Galiza e non como franquicia da multinacional. De momento xa amarráchedes soldo e pensión.