Por Europa Press / Redacción | FERROL | 07/10/2024 | Actualizada ás 21:08
Un poldro de catro meses e medio foi devorado por unha manda de lobos en Balocos, Moeche, que tamén feriron á nai do pequeno equino. O seu propietario localizou o equino completamente esnaquizado nunha parcela da súa propiedade na mañá deste domingo, segundo relatou el mesmo a Europa Press este luns.
Asegura que "non culpo a ninguén do que está a ocorrer" pero considera que se deixa de lado aos gandeiros e propietarios ante os ataques de lobo. Unha situación que cre que "non só debería de preocupar aos gandeiros, senón tamén á poboación en xeral". "Hoxe foi un poldro, pero mañá pode ser un neno", apostilou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.