Os encoros galegos caen ao 62,1 % da súa capacidade, antes do paso da potente borrasca Kirk

Perderon catro hectómetros cúbicos de auga na última semana, co que a reserva total das dúas demarcacións hidrográficas queda en 2.307.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2024 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

Os encoros galegos atópanse ao 62,1 % da súa capacidade despois dunha semana na que perderon catro hectómetros cúbicos de auga, co que a reserva total das dúas demarcacións hidrográficas queda en 2.307. Con base nos datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes, a auga nos encoros da conca Miño-Sil, a de maior capacidade, perden 25 hectómetros respecto da semana pasada ata os 1.919, un 63,3 % da súa capacidade, máis que a estas alturas de 2023 e que a media do último lustro.

Pola súa banda, a reserva de Galicia Costa é do 56,7 % tras vovler a recueperar auga na última semana, en concreto, un total de 23 hectómetros cúbicos ata alcanzar os 388. Desta forma, supera xa o nivel do ano pasado a comezos de outubro e achégase aos datos da media do últimos cinco anos (390).

Vista aérea do encoro de Prada desde a zona Candeda
Vista aérea do encoro de Prada desde a zona Candeda | Fonte: Agostime

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta